Nos
MUUHLLOA somos 5 mulleres da comarca da Ulloa. Gandería, agricultura, bioloxía, farmacia, ciencias empresariais, fotografía e artes gráficas danse a man na elaboración da cosmética ecolóxica, natural e sostible.
Un laboratorio de ideas de cosmética elaborada con leite fresco de vacas galegas e extractos vexetais de plantas tradicionais da terra..
MUUHLLOA é unha filosofía de vida que achega valor engadido ás nosas materias primas e fomenta a creación de redes con empresas da contorna.
Unha homenaxe á terra que nos acubilla e aos nosos animais.
- MUU, de vaca
- H, de herba
- LLOA, da nosa comarca de A Ulloa
A nosa Historia
Naceu da unión da cooperativa Milhulloa e Granxa Maruxa. Dúas empresas ecolóxicas entusiastas da arte. A estética colorida e a música forman parte da paisaxe do corazón de Galicia desde 2016..
MUUHLLOA, cosmética certificada por bio.inspecta con selo ecológicoEcoPlus.