Mistura de Llantén,romero, hibisco e canela. Indicacións: depurativa.
Bolsa 35 gr e lata 70 gr
Milhulloa foi a pioneira na conservación do grelo mediante deshidratado en cámara de secado a baixa T, conservando así todos os seus compostos fitoquímicos e todas as súas propiedades organolépticas. Hortaliza que contén compostos antioxidantes naturais como as vitaminas A, B9 (ou acedo fólico),E, K.
RAW
Apto para veganos
Bolsa 60g que equivale a 500g de grelo fresco
Pago seguro
Entrega en 48-72 horas *
¿Tes dudas? chámanos ó 616 789 009
Constatan que brócoli e grelo elevan o efecto de fármacos contra o cancro de próstata. Trátase dun estudo da Misión Biolóxica de Galicia e a USC, que agora investigan se sucede o mesmo cos tumores de mama Hai moitos galegos, sobre todo moitos maiores do rural galego, que non entenden un día da súa vida sen caldo. Imponse a ración diaria de grelo, nabiza, verza ou repolo -aderezado, iso si, con algo de porco polo medio- como apócema de resistencia ao frío do inverno e, paradoxalmente, tamén como alimento para soportar as calores estivais. O caso é que a sabedoría popular galega di que hai que comer verza, grelo ou repolo os 365 días do ano. E di ben. Porque a Misión Biolóxica de Galicia (situada en Pontevedra), pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), comprobou fai xa máis dunha década que estas especies fetiche da horta galega, ademais doutras como o brócoli e a coliflor, teñen propiedades tanto antioxidantes como anticanceríxenas. É dicir, se un ten predisposición xenética a sufrir un tumor, unha dieta rica nestas especies vexetais poderían axudar a previlo. Pero a misión biolóxica non se quedou aí. Seguiu tirando dese fío, en colaboración coa Universidade de Santiago e, tal e como sinalaba onte a súa directora, Elena Cartea, xa está en condicións de afirmar que brócoli, verza ou grelo non só axudan a previr o cancro grazas aos seus altos niveis de glucosinolatos, senón que potencian os efectos dos fármacos contra o cancro. Concretamente, contra os tumores de próstata. «De momento comprobámolo co cancro de próstata e agora o obxectivo é saber se pasa o mesmo cos fármacos que se utilizan para tratar o cancro de mama, iso é o que estamos a investigar actualmente. Non se trata de que brócoli nin grelo curen o cancro, que non se entenda semellante cousa, senón de que axudan a previlo e, no caso de tumores de próstata, potencian o efecto do fármaco», indicaba Elena Cartea. «O que aprendo hoxe» Pronunciaba estas palabras Elena Cartea onte nun dos salóns da Misión Biolóxica de Galicia e a investigadora era escoitada con entusiasmo por Rosa Menéndez, de visita nas instalacións pontevedresas para presentarse como a nova presidenta do CSIC -por certo, a primeira muller que desempeña este cargo-. «Canto que aprendo hoxe!», dicía. E engadía: «É marabilloso o traballo que se está facendo nos centros do CSIC. Eu diría que están a facer investigacións fundamentais para mellorar a calidade dos alimentos, para mellorar a nosa saúde e para mellorar o medio ambiente. Tocan as tres cosas». Menéndez, como o resto dos presentes, quixo saber máis sobre o potencial anticanceríxeno das verduras. E Cartea explicou que todas especies crucíferas -nas que se engloban desde a verza ata os grelos pasando por coliflores ou brócoli- axudan a previr o cancro. Pero insistiu unha e outra vez en que hai que tomar este dato coa suficiente prudencia, @teniendo en cuenta que non se trata de ningún tipo de remedio, senón dun alimento que favorece a prevención. E cal é a mellor de todas estas especies para previr un tumor? Os científicos da misión biolóxica rin cando se lles fai a pregunta, levan anos contestándoa: «O brócoli», manifestan. E matizan: «Axuda a previr, pero para que se tratase dun efecto grande teriamos que comer unha cantidade impensable de brócoli ao día, uns vinte quilos. O que estamos a investigar é se se podería facer algún tratamento co brócoli como compoñente, pero iso está nunha fase moi incipiente», sinalaba un dos científicos. A conclusión está clara. A comer brócoli, grelo e verza. Di a directora da misión que ademais é importante tomar a auga da cocción, porque aí seguen as propiedades que perden as verduras ao cociñalas. E ela mesma sentenza: «Os nosos avós teñen razón, o caldo é importante e débese tomar sempre». Fonte: La Voz de Galicia